jueves, 30 de noviembre de 2017

Val conserva o xénero feminino do latín, cando?

Alejandra (4º B) atopou a resposta:
Os substantivos latinos que non teñen tema en -o/-a poden cambiar de xénero nas linguas fillas. No caso do substantivo vallis, que é feminino no latín e no galego medieval, é masculino no galego actual (o val), mais nalgún caso segue a estar en xénero feminino. Iso pasa na formación dalgún topónimo, como Bonaval, que vén de bonam vallem (o adxectivo bonam é feminino porque concorda coa palabra vallem, que tamén o é). Tamén pasa nalgúns apelidos como Valiña ou Varela (da palabra en diminutivo) e Abal (Aval).